A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Divertida e refrescante batalla de auga na praza César Conti, na Rúa

 

Seguindo a tradición, o luns das festas de San Roque, na Rúa Vella, está especialmente adicado aos máis pequenos, sendo os protagonistas (aínda que non os únicos participantes) da festa da auga que se celebra entre o lavadoiro e a praza César Conti.

Unha auténtica batalla campal, divertida á vez que refrescante nesta calurosa tarde de 19 de agosto, na que ninguén se librou dunha boa molladura. Con globos, pistolas, cubos,… todo recipiente era útil para mollar aos contrincantes.

A partir das oito da tarde tocaralle o turno aos afeccionados ao fútbol que se enfrontarán no campo de San Roque nos partidos de solter@s contra casad@s, rematando as festas organizadas pola Asociación Sabugueiro, cunha tapa de paella para os asistentes.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button