A RúaConcellosÚltima hora

Restriccións no uso alimentario da auga nalgunhas zonas dos concellos da Rúa e Petín

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Rúa vén de emitir un bando no que informa que a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade, “tras analizar un novo parámetro de seguimento nas augas de consumo (establecido polo Real Decreto 03/2023 que comezou a controlarse neste 2025) requírenos que restrinxamos temporalmente os usos alimentarios da auga nas seguintes zonas do Concello até novo aviso”.

ZONAS CON RESTRICIÓNS PARA OS USOS ALIMENTARIOS:

  • Fontei
  • Rúas Mazaira, Paz/Mazaira
  • Avenida de Almendralejo
  • Rúa Aureana do Sil
  • Rúa Ferro Couselo
  • Rúa Antón Noriega
  • A Cigurria / Cigarrosa
  • Polígono Industrial das Pedreiras
  • Parque de Bombeiros
  • Residencia dos Pinos e hotel Berna
  • Pablo VI e Instituto Cosme López (R/Vicente Risco e Otero Pedrayo)

Para tentar paliar as molestias e inconvenientes que poidan derivar destas restricións de uso, o Concello da Rúa lembra que “están habilitados tres puntos de abastecemento público que compren coas garantías que reclama Sanidade. Por iso desde este momento, e até o levantamento definitivo das restricións, quen así o desexe pode recoller auga para consumo en tres lugares:

– Fonte pública situada no Campo de San Roque.
– Fonte pública situada na rúa San Roque esquina con r/Fondareas
– Área de Subministro de Autocaravanas (Aguillón)

Dende o Concello explican quen “os ácidos halioacéticos son un residuo que deixa o cloro despois de facer a súa función que até este ano non se consideraron un parámetro de medición necesaria”, asegurando que están a realizar “as modificacións precisas para poder eliminar esta restrición no menor tempo posible”.

 

 

As restricccións tamén afectan ao concello de Petín:

  • Freixido de Abaixo
  • Santa María
  • Barxela
  • Outeiro
  • Castrofolla
  • Carballal
  • Petín: rúa Sobredo I; rúa Camiño do Pombar; estrada de Carballal (dende o cruce da estrada da Portela ata Carballal).

Artigos relacionados

Back to top button