CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco forman un gran 25N no patio

 

Na mañá do venres 25 de novembro o CEIP Plurilingüe Condesa de Condesa do Barco uníase á celebración do 25N. “Un día, sobre todo, para reflexionar. Con alegría pero tamén con moito sentimento. Porque estabamos a abordar un dos grandes problemas da nosa sociedade. O maltrato á muller”, din dende o centro asegurando que “sen dúbida é un problema de educación. Pero ninguén sabemos onde está a tecla ou a variña máxica que faga desaparecer este horror”.

O 25 de novembro, dende o Condesa de Fenosa e dende todas as escolas deste país “intentamos impregnar ao noso alumnado dunha película violeta indeleble, a do respecto, dende a diferencia. Diferencia de sexo, pero tamén de idade, de relixión, de cultura, de nacionalidade, de pensamento, de raza…”, din.

Para iso, elaboraron frases que non queren escoitar máis, cantaaron cancións que falan de maltrato e tamén de respecto e de igualdade de dereitos. Saíron ao patio tod@s xunt@s e formaron un enorme 25N. E cada nen@ expresou nun folio violeta o seu parecer. “Estas xeracións que agora temos nos centros educativos formándose, están chamadas a erradicar a violencia de xénero. Confiemos…”, indican dende o centro.

Fotos. CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button