Un ano máis o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense ten preparado un Belén, cunha temática mariñeira, para todas aquelas persoas que queiran achegarse a contemplalo. “Unha vez acabado non deixa de sorprendernos”, aseguran dende o centro.
O Belén de este ano ao alumnado como protagonistas. Cada alumno de infantil ten o seu barco personalizado coa súa foto e nos barcos máis grandes están as profesoras. María Fernández é a coordinadora de Educación Infantil do centro educativo e explica que son barcos “creados por impresoras 3D” e aos mozos “encántalles verse como mariñeiros no Belén igual que ás súas familias”.
“Desde as materias de Dixitalización e Robótica, Polos Creativos, creouse unha lagoa con embarcadoiro, unha fervenza e unha noria grande que adorna as figuras confeccionadas polas familias, xa que participou toda a Comunidade Educativa, desde profesores, alumnos a familias, xa que “cada familia achegou unha figura do Belén e así se decorou“, explica María Fernández dende o colexio, asegurando que eses barcos chegan a bo porto, onde lles espera o Nacemento.
A estrutura deste Belén do colexio foi creada polos alumnos da ESO e polo profesor de Relixión, José Antonio Álvarez (que leva moitos anos superándose). Segundo María, é un Belén familiar para compartir en casa momentos xuntos de creatividade e de ilusión. A coordinadora de Infantil manifestou que, desde hai anos, as familias veñen colaborando pero é a primeira vez que se fai cos nenos como protagonistas no propio Belén. Nenos, profesores e familias están ilusionadas co seu traballo porque “queda moi vistoso e coidáronse todos os detalles” concluíu a coordinadora, que ademais indica utilizáronse materiais de reciclaxe, como caixas de froita, para os edificios.
O Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense non quere que se perda esta tradición do Nadal.
Fotos cedidas