CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Os Anxeos, protagonistas do Entroido en Parada de Sil

 

Cada Sábado de Entroido, un grupo de extraños personaxes vestidos con traxes feitos con esparto reciclado de sacos e caretas de todo tipo, percorren subidos nuha carroza decorada con xentas algunhas das vilas do concello de Parada de Sil. Son Os Anxeos, e nacían hai algo máis dunha década da man da Asociación de Veciños de Caxide, promotora da recuperación do Entroido neste concello ourensán.

 

 

Antes estas figuras recibían o nome de felos e eran parecidos pero non iguais. “Nós fixemos unha reinterpretación, non é o traxe orixinal porque non se conserva moita documentación para guiarnos”, di o secretario da asociación e alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, asegurando que malia ser en Caxide onde nacía e comeza cada ano o percorrido, a festa do Entroido está aberta a todo o que queira participar.

 

 

O ano pasado por mor da pandemia de coronavirus non puderon saír e este ano dubidaron pero finalmente si que o facían e na xornada deste sábado 26 de febreiro, os Anxeos (nenos e maiores) volveron ser os protagonistas do Entroido no concello de Parada de Sil.

 

 

Fotos: Luis Baños e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button