ConcellosParada de SilÚltima hora

Os ‘Anxeos’, protagonistas do Entroido que se celebrará en Parada de Sil o 18 de febreiro

 

Os “Anxeos” no Entroido do ano pasado en Parada de Sil./ Foto cedida.

 

Dende hai máis de 20 anos un grupo de persoas do concello de Parada de Sil, na súa maioría da parroquia de Caxide están a recuperar o seu Entroido cun disfraz, chamado ‘Anxeo’ que xa estivo na exposición de disfraces no edifico Valente en Ourense.

Nalgunha ocasión tamén as Mulleres Rurais se sumaron ao Entroido con iniciativas de disfraces, comida e baile, e este ano, tal como adianta o alcalde, Aquilino Domínguez, un dos promotores dos Anxeos dende os seus inicios, dase un importante paso adiante.

 

“Os Noviños” no Entroido de Parada de Sil do ano pasado./ Foto cedida.

 

Así, a ANPA “Os noviños” de Parada de Sil sumarase ao Entroido e para que todo resulte máis ameno “están a facer talleres de disfraces para que haxa máis colorido, así como as Mulleres Rurais tamén están a facer disfraces”, adiantan dende o Concello.

Todas persoas que se disfracen e queiran participar están chamados a acudir ás 12:30 horas do sábado 18 de febreiro á praza do concello para participar no desfile polas rúas de Parada de Sil co acompañamento musical da charanga Os Bandiños.

A festa completarase cun xantar para o que xa se poden retirar as entradas nos bares de Parada ata o día 15 de febreiro. Iso sí, “todas as persoas deberán acudir disfrazadas”, puntualizan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button