DeportesÚltima hora

Os atletas veteranos valdeorreses loitarán polo podio no Campionato de España Máster

Esta competición desenvolverase nesta fin de semana en Vitoria
O vilamartinés Luis Nogueira estará entre os atletas veteranos do Adas que competirán en Vitoria.

Catro atletas do Club Adas do Barco desprazaranse nesta fin de semana ata Vitoria para participar no LIII Campionato de España Máster, que se celebrará os días 29 de xuño e 1 de xullo.

Así David Vázquez competirá nos 100 ml e na lonxitude, mentres que Luis Nogueira estará na proba de lanzamento de xavelina, Luis Campos disputará os 200 ml, disciplina onde tamén tomará a saída José Manuel Bao. Cada un deles loitará polo podio nas súas respectivas probas.

Artigos relacionados

Back to top button