En portadaÚltima hora

Os Bertolini amenizarán o magosto no Barco

A cita será este venres 11 de novembro a partires das 19 horas na praza de Viloira
O grupo de gaitas Os Bertolini, de Manzaneda./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O grupo de gaitas Os Bertolini, de Manzaneda./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O Concello do Barco de Valdeorras súmase á celebración do San Martiño co tradicional magosto popular previsto para este venres 11 de novembro.

A cita lúdico-gastronómica será coma sempre na praza Otero Pedrayo de Viloira a partires das 19 horas e, xunto coa merenda, as castañas e o viño novo, haberá animación musical. “Ademais do grupo de gaitas Os Bertolini, haberá unha actuación musical para que os asistentes podan bailar”, adiantan dende o Concello.

 

Cartaz do magosto en Viloira (O Barco de Valdeorras).
Cartaz do magosto en Viloira (O Barco de Valdeorras).

 

Artigos relacionados

Back to top button