CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

‘Os Bolechas deportistas’ fan parada na praza Maior de Viana do Bolo

 

Na tarde do domingo 7 de agosto, a caravana dos Bolechas facía parada en Viana do Bolo. Na praza Maior da vila e diante de numeroso púiblico infantil, a familia animada galega creada por presentaba o espectáculo ‘Os Bolechas deportistas’, unha iniciativa en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe un teatro de monicreques a bordo da caravana a través da cal os Bolechas expoñen, de xeito lúdico e didáctico, a importancia de practicar deporte para medrar fortes e sans e incluílo como parte da rutina diaria dende idades temperás.

Logo da función, gratuíta e sen cita previa, os cativos e cativas elixiron entre moreas de actividades (sopas de letras, encrucillados, debuxos para colorear…), a realizar na carpa adxunta, para afianzar os coñecementos adquiridos, pasando unha entretida, divertida e educativa tarde de domingo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button