ConcellosÚltima hora

Os Bolechas súmanse ao Magosto de San Xoán de Río o 9 de novembro

 

O vindeiro sábado 8 de novembro San Xoán de Río celebrará o seu magosto, unha actividade que estará organizada entre o Concello e a Asociación Cultural RíoMola. O programa iniciarase ás 16h. coa actuación dos Bolechas. “Os personaxes creados por Pepe Carreiro estarán por primeira vez a San Xoán de Río. Durante 2 horas divertirán aos máis cativos coa súa presenza”, adianta o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

Ademais entre as 16 e as 17h. darase paso ao II Concurso de doces. No pavillón municipal serán entregadas as sobremesas que participen nesta proposta. “Un ano mais, Anxo Trives do restaurante “A Viúda” será o encargado de capitanear o xurado que elixirá aos 3 mellores doces entre todos os participantes”, prosegue o rexedor.

E, xa a partir das 18h., farase o magosto propiamente dito con degustación de castañas, chourizos, bica e viño. O ambiente estará animado polo grupo de música tradicional Os Bertolini de Manzaneda.

 

Artigos relacionados

Back to top button