CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os cantos de taberna retornan a Quiroga o 9 de marzo

Imaxe dunha edición anterior dos cantos de taberna en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O sábado 9 de marzo Quiroga acollerá a sétima edición dos Cantos de Taberna. O Concello de Quiroga abre xa o prazo para participar neste festival de música tradicional. Os grupos interesados xa se poden anotar gratuitamente na casa da Cultura (tfno 982.43.51.25)

A organización informa de que para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e un máximo de doce e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes. “Unha das novidades que se puxo en marcha o pasado ano e que se mantén este é que se entregarán 150 € a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos”, explican os promotores.

A organización xa se puxo en contacto cos establecementos hostaleiros da vila para participar, obtendo unha resposta afirmativa da práctica totalidade deles.

En cantos ás bases non hai cambios. Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do traxecto, a actuación en cada establecemento rondará a media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago.

 

Artigos relacionados

Back to top button