ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Os caracois acesos iluminan o paso da Virxe na procesión da Soidade, en Petín

 

Con rigurosa puntualidade, ás dez da noite do Venres Santo, tralos devotos congregados a carón da igrexa parroquial, a imaxe da Virxe das Dores saía a ombros das mulleres para percorrer as empedradas rúas de Petín.

O silencio no que se desenvolve é unha das características da procesión da Soidade, tamén chamada das antorchas ou dos caracois, un dos actos centrais da Semana Santa nesta localidade valdeorresa. De cando en vez, a comitiva fai un alto no camiño para escoitar o Miserere nas voces dun grupo de homes, outra das peculiaridades desta procesión.

 

 

A terceira e especialmente significativa característica é a peculiar iluminacion dunha das casas polas que pasa a comitiva, con conchas de caracois acesos na honra á Virxe, unha tradición que se mantén viva e ano tras ano atrae a atención dos asistentes.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button