CulturaCulturaEntroido 2024Última hora

Os Carraboleiros e as Señoritas de Bolmente (Sober) volvían desfilar, tras medio século

 

A veciñanza de Bolmente recuperaba este ano o seu Entroido tradicional. Este ano reaparecían os Carraboleiros e as Señoritas, personaxes típicos desta tradición que había 50 anos que non saían desfilar. Este Entroido era, anos atrás, xunto co de Proendos, dos máis importantes da comarca.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacaba que o Entroido deste ano na localidade, “ademais de contar con máis participación ca nunca, recuperou uns célebres personaxes que se crían perdidos e que volven despois de 50 anos”.

 

 

Carraboleiros e Señoritas formaban parte daquelas míticas comparsas que percorrían os lugares da parroquia de Bolmente, xuntamente cos Maragatos, Vellos e Vellas, que remataban a velada nun lugar emblemático da parroquia chamado “o corno do boi”, bebendo Amandi, doces típicos, bailando e cantando.

O rexedor agradécelles aos veciños e veciñas de Bolmente o seu traballo para recuperar estes personaxes propios do Entroido de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button