En portadaÚltima hora

Os casos activos de Covid-19 na provincia descenden ata os 781

O Hospital de Valdeorras mantén 9 ingresos, o de Verín sube a 6 e o de a Ourense a 77, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa o descenso paulatino das cifras de casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, con 781 casos (31 menos que onte), segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 16 de novembro), aínda que seguen aumentan as hospitalizacións en planta con 82 (5 máis onte). Pola contra baixan en UCI con 10 (2 menos que onte). Tamén se aprecia un descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 26 (fronte aos 36 de onte).

O Hospital Puúblico de Valdeorras mantén 9 hospitalizacións en planta, mentres que o Hospital de Verín sobe a 6 (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 67 (3 máis que onte) en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.175, con 6122 curados e 271 falecidos (os dous últimos, comunicados onte, un home de 78 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e unha muller de 91 anos na residencia Nosa Sra. dos Miragres de Barbadás). Polo de agora lévanse realizado 106.892 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button