SanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid soben a 412 na provincia, son 26 máis que onte

Hai 30 pacientes ingresados (4 en UCI), todos no Hospital Universitario de Ourense, segundo Sanidade

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a tendencia ascendente nos casos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo a última actualización de datos feita pública esta mañá pola Consellería de Sanidade rexístranse 412 casos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Iso supón 26 casos máis que onte.

Desa cifra total, hai 30 pacientes ingresados no Hospital Universitario de Ourense. Deles 4 están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e os 382 restantes permanecen a seguemento a domicilio. Os hospitais de Valdeorras e de Verín están libres de virus.

O total de casos rexistrados na provincia dende o inicio da pandemia ascende a 2.572, con 2.025 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado 45. 299 probas PCR (+389).

Artigos relacionados

Back to top button