OurenseÚltima hora

Os cativos das escolas do Balonmán Pabellón visitan o Concello de Ourense

Con motivo do fin de tempada, na tarde do 19 de xuño os máis pequenos do Balomán Pabellón eran recibidos no Concello de Ourense polo alcalde, Jesús Vázquez.

Ademais de desexarlles sorte no IV Torneo Handball Corpus que se celebrará en Ourense este sábado 23 de xuño, o alcalde de Ourense fixo de guía amosando as instalacións municipais aos cativos das escolas de Vistahermosa e Otero Mariñamansa que aproveitaron a visita para facer preguntas ao alcalde quen recoñeceu ter xogado ao balonmán na súa época de estudante.

Artigos relacionados

Back to top button