CulturaCulturaÚltima hora

Os cativos de Parada de Sil preparan o Samaín

 

Da man de Leticia e da asociación Os Noviñ@s do Sil, en Parada de Sil están programados varios talleres para confeccionar o disfraz para a festa de Samaín. Así estas actividades están previstas para os días 7,14 e 21 para implicar aos nenos e ás persoas que así o desexen de cara a confeccionar os disfraces no centro de lecer de nenos de 16 a 19:30h.

 

 

Unha vez rematados os talleres, o día 28 de outubro ás catro da tarde a comitiva partirá da praza do Curtiñeiro para percorrer a localidade na procura de chuches e animar á diversión.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez agradece a implicación desta “moi dinámica asociación nas actividades culturais, non só para cativos senon tamén para adultos”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button