En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os cativos de Vilamartín de Valdeorras protagonizan o belén vivinte

A iniciativa foi organizada pola ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino para recadar cartos para actividades no colexio

Hoxe, 24 de decembro, é feira en Vilamartín de Valdeorras e tamén Noiteboa. Por iso, en pleno Nadal, os veciños que se achegaban nesta mañá ata a praza da localidade atopábanse cunha estampa moi particular e fermosa. Xunto aos postos de roupa, calzado, froitas e verduras, estaba o belén vivinte organizado pola ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino.

Un fermoso nacemento, protagonizado polos cativos ao que non lle faltaba detalle. Dende o misterio central con María e San Xosé, ata os pastores e o anxo, sen esquecer aos Reis Magos cos seus paxes. Ata había un soldado e varios animais que fixeron as delicias dos cativos: ovellas co seu cordeiriño, pitas,…

Esta fermosa estampa, coa que desexan bo Nadal a todos os veciños, ten ademais un fin recadatorio (para poder organizar actividades no colexio para os nenos), con bolsas de lambetadas á venda. Ademais, quen quixo pudo colaborar coa súa aportación voluntaria.

Dende a orgnización agradecen a colaboración de toda a xente que fixo posible este nacemento, asegurando que para o ano que vén aínda será mellor. Pra Casa cedeulle as teas e prestoulle as pitas; Viveros Vedo as oliveiras e plantas; Luis do Acuarela as ovellas; Monste do Coviran fíxo os traxes; José Pinto puxo a carpa; o colexio os traxes dos Reis Mgos; e o Concello concedeulles os permisos necesarios.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button