EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

Os cativos do campus de fútbol sala do Pizarras Tres Cuñados visitan a canteira K08 en Casaio (Carballeda)

 

Preto de 60 rapaces participan este ano no campus de fútbol sala do Pizarras Los Tres Cuñados que comezaba o luns día 4 de setembro e rematará mañá coa entrega de diplomas e medallas no pavillón de Calabagueiros, no Barco.

Foi unha semana intensa de moito deporte pero tamén xogos e actividades paralelas como a excursión en bus que na mañá deste xoves 7 de setembro realizaban á canteira K08 do club en Casaio (Carballeda de Valdeorras).

 

 

Primeiro visitaban a zona de extraccion ao aire libre “presenciando unha voladura de 4.000 kg de dinamita, coñecendo os distintos vehículos da empresa e a explicación do presidente do club, Santiago Vázquez,  contestando todas aquelas dúbidas que se lle facían chegar”, explican deden o campus. Despois baixaban á  nave para coñecer os distintos procesos de produción e, finalmente, tras unha boa comida para repoñer forzas, cada un dos 56 nenos levaba un agasallo para casa como recordo da visita “por xentileza da nosa canteira”, din dende o club, asegurando que foi unha xornada “bastante cansada” pero que están “moi satisfeita da visita”.

Dende o campus agradecen á canteira “o gran trato dispensado para cos nenos” e a Autocares Atvisa “pola súa paciencia e bo traballo realizado”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button