ConcellosO BarcoÚltima hora

Os cativos volven á cociña no II Minichef Obarcoaberto, o 1 de setembro

As inscricións para a actividade poden facerse en Autoescuela Valdeorras (Praza Maior, 6) desde o luns 28 de agosto ao venres 1 de setembro, en horario de 10h. a 13h.

Imaxe da anterior edición do Minichef Obarcoaberto./ Foto: A.R.

 

Tras o éxito de a súa primeira edición, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco organiza un segundo Minichef Obarcoaberto, dirixido a un público familiar e infantil e no que os máis pequenos da casa convértense en cociñeiros por un día. A campaña plantexa a elaboración, en directo, de dúas recetasde cociña, un cake popy e unha mini pizza, que os participantes levarán para a súa casa.

Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, serán as responsables de guiar aos minichefs, que contarán coa axuda da súa mai, pai ou titor/a durante a elaboración. A todos os participantes entregaráselles un mandil e o material e ingredientes necesarios para a elaboración de ambas receitas.

O Minichef Obarcoaberto celebrarase o venres 1 de setembro, a partir de as 18:00 horas, na Praza Maior do Barco. As inscricións para a actividade poden facerse en Autoescuela Valdeorras (Praza Maior, 6) desde o luns 28 de agosto ao venres 1 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, presentando un tícket de compra ou consumición dos establecementos asociados (con datas do 28 de agosto ao 1 de setembro). Haberá aforo limitado. Os menores participantes, de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos,deberán estar acompañados en todo momento da súa nai, pai ou titor/a.

 

Artigos relacionados

Back to top button