DeportesÚltima hora

Os catro equipos do Pádel Club Valdeorras na competición de Series Nacionais xóganse o ascenso de categoría

Pádel Club Valdeorras A, categoría 500.

 

O 2024 está sendo un bo ano para o club de pádel valdeorrés cos catro equipos que compiten nas Series Nacionais desenvolvendo unha gran campaña. O Pádel Club Valdeorras A vai de primeiro na categoría 500 da división 1, xogándose o ascenso á seguinte categoría.

 

Pádel Club Valdeorras B, categoría Future.

 

Pádel Club Valdeorras TRT, categoría Future.

 

O mesmo camiño leva o Pádel Club Valdeorras B, primeiro da división 2 da categoría Future, xogándose o ascenso á división 1. O Pádel Club Valdeorras TRT vai de primeiro da división 4 de Future, xogándo polo ascenso á división ; e o Pádel Club Valdeorras feminino, tamén vai de primeiro da división 2 de categoría Future, xogándose o ascenso á división 1.

 

Pádel Club Valdeorras feminino, categoría Future.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button