OurenseÚltima hora

Os cemiterios de Ourense abrirán de 9 a 19 horas polas celebracións de Todos os Santos e Fieis Defuntos

 

Os cemiterios municipais de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 19 horas desde mañá, 28 de outubro, para facilitar a visita de todas as persoas que queiran honrar os seus seres queridos durante as festividades de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos, tal como adiantan dende o Concello de Ourense.

Así, aínda que habitualmente os camposantos municipais pechan a mediodía as fins de semana e os días festivos, non o farán nin o sábado 28 nin o domingo 9 de outubro nin o mércores, 1, nin o xoves, 2 de novembro, datas nas que se prevé unha grande afluencia de visitantes.

A empresa concesionaria Urbanos de Ourense, activa desde mañá, ata o 1 de novembro servizos especiais de reforzo. Serán dous autobuses. un desde O Vinteún (Sexto Instituto) até o cemiterio de Santa Mariña e outro desde a antiga estación de autobuses até o cemiterio de Santa Mariña con parada no cemiterio de San Francisco.

Os actos litúrxicos que se desenvolverán nestas datas nos cemiterios municipais serán:
– Cemiterio de Santa Mariña: Mércores, 1, e xoves, 2, Misa ás 13h.
– Cemiterio das Caldas. Mércores, 1, 16h. Celebración da Palabra.
– Cemiterio de San Francisco. Mércores, 1, 17.30h. Celebración da Palabra.

Artigos relacionados

Back to top button