ConcellosO BarcoÚltima hora

Os centros de ensino do Barco suman 20 positivos

 

Seguen subindo as cifras de positivos nos centros de ensino do Barco. Segundo os datos que vén de notificar a Xunta son xa 20 os casos rexistrados. Soben os positivos no CEIP Otero Pedrayo de Viloira, que pasa de 4 a 6 positivos. Dende o centro indican que se trata de alumnos que xa levan días sen acudir ao centro e que todas as familias do escolares do colexio están informadas.

Tamén no Colexio Divina Pastora do Barco se rexistra un novo positivo, sumando así un total de 5. O resto das cifras mantéñense: o CEIP Condesa de Fenosa ten 1 positivo e unha aula pechada, o CEIP Julio Gurriarán ten 3 positivos, o IES Martaguisela 2 e o IES Lauro Olmo 3, segundo os datos facilitados pola Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button