DeportesÚltima hora

Os clubs lucenses renuncian á fase previa da liga Abanca de atletismo para non ter que desprazarse ao Barco

De non presentarse finalmente, tan só dous clubs competirán nesta cita que é clasificatoria para a fase final, que se celebrará o 16 de decembro en Ourense

 

Proba escolar nas pistas de Calabagueiros do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

As pistas barquenses de Calagueiros acollerán mañá, 17 de novembro, a edición 2017/2018 da VI Liga Galega Escolar Abanca. Nela estaba prevista a participación de clubs de Ourense (Adas e Ourense Atletismo) e de Lugo (ED Lourenzá, Franciscanos Lugo, Lucus Caixa Rural e A. Lucense). Malia que tiñan confirmada a súa asistencia, os catro clubs da provincia de Lugo acordaban non participar nesta competición barquense por considerar, entre outros motivos, que ao ser máis clubs lucenses a competición debería celebrarse alí.

Esta renuncia suporá, segundo informaban dende a Federación Galega de Atletismo, que non poderán clasificarse para a fase final desta competición, que está prevista para o vindero 16 de decembro en Ourense. “É unha xornada previa e clasificatoria, polo tanto, senón participan, os seus atletas non poderán pasar á seguinte fase”, explican dende a federación.

Se finalmente non acuden ao Barco, nas pistas de Calabagueiros competirán tan só dous equipos: o Adas e o Ourense Atletismo, segundo a FGA. As probas serán nas categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculinas como femininas.

Destos enfrontamentos zonais, sairán clasificados o primeiro equipo de cada unha das fases e as cinco mellores puntuacións do total dos equipos participantes, os cales mediranse na gran final que acontecerá na Pista Cuberta de Ourense coincidindo ca súa inauguración o vindeiro dia 16 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button