EconomíaEconomía

Os comerciantes de Allariz fórmanse en comercio online

 

Uns 15 alumnos, pertencentes ao sector do comercio alaricano, están a participar nun curso de comercio online de 20 horas ofertado dende a Área de Comercio e Promoción Económica do Concello. A formación estase a impartir a través dunha plataforma en directo, para que os asistentes poidan “interactuar coma se dunha formación presencial se tratase”, indican dende o Concello de Allariz.

O programa do curso inclúe unha análise dos patróns de compra online, toca as canles para este público máis usadas (Facebook, Instagram, Whatsapp, Emailing, web propia, Marketplace locais) e formación básica nunha ferramenta de deseño fácil e intuitiva (Canva).

Con esta acción formativa búscase “profundizar no valor de cada rede para acadar candanseus obxectivos de marketing, conquerir o manexo técnico de cada rede e sacarlle partido coma ferramentas profesionais. Todos as alumnas terán a súa disposición tempo de titorías individuais para a resolución de dúbidas”, tal e como se informa dende o Concello.

Ademais, dende a Concellería de Comercio de Allariz sinalan que a situación actual provocada pola pandemia “vén de acelerar o paso á dixitalización xa coma unha necesidade e creen que iniciativas deste tipo contribúen a mellorar o comercio local para dar un mellor servizo”.

Artigos relacionados

Back to top button