O Centro Comercial Aberto (CCA) apoiará á manifestación dos traballadores de Irosa e Samaca en defensa dos seus postos de traballo, prevista para mañá á tarde. Neste senso, mañá a asociación procederá ao reparto de cartelería entre todos aqueles comercios que decidan pechar e apoiar esta marcha reivindicativa, que sairá ás 19h. dende o pavillón polideportivo de Calabagueiros do Barco.
A xerente do CCA, María Fidalgo, encargarase do reparto destes carteis xunto a membros da directiva da entidade.
“Esta iniciativa ten a resposta dos nosos 100 socios de pechar maña para apoiar a todas as familias”, sinala o presidente do CCA, Jacobo Arias.