A VeigaConcellosO BoloÚltima horaVilamartín

Os concellos de Vilamartín e O Bolo, entre os beneficiarios das subvencións aprobadas hoxe pola Deputación

Panorámica de Vilamartín.

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 1 millón de euros en subvencións para a execución de proxectos de infraestruturas, abastecemento e saneamento, urbanización de rúas ou eficiencia enerxética en trece concellos, ademais de axudas paras gastos de funcionamento de entidades culturais e deportivas.

A contía máis importante no capítulo de cooperación coas entidades locais refírese ao Concello de Monterrei, que recibirá preto de 215.000 euros en concepto de anticipo polas obras de reparación dos danos ocasionados en diversos puntos do municipio como consecuencia das riadas acaecidas en decembro de 2019. A relación de subvencións aprobadas hoxe inclúe preto de 27.000 euros para O Bolo con destino á mellora da estrada que vai ao alto de Cortiñas e o municipio da Veiga; ademais doutras dúas achegas por valor de 48.000 euros cada unha delas para a mellora de vías en Cartelle e Castrelo de Miño.

A Xunta de Goberno acordou tamén conceder 42.000 euros para unha pasarela peonil en Vilamartín de Valdeorras, entre outras achegas.

Artigos relacionados

Back to top button