CulturaCulturaÚltima hora

Os “Contos arraianos” chegan ao Barco da man de Sarabela

O Teatro Lauro acollerá este venres a partir das 21h. esta representación

 

O escenario do Teatro Lauro Olmo acollerá este venres 3 de novembro a partir das 21h. o espectáculo “Contos arraianos”, da compañía ourensá Sarabela. Esta obra, con dirección de Ánxeles Cuña e baseada nun dos libros de X.L. Méndez Ferrín, está interpretada por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yuknevich.

“En Arraianos, Ferrín crea un novo mundo mítico, a Raia, con 10 relatos literarios dos que nós eliximos e transformamos en escénicos dous: Medias azuis e Lobansandaus. Arraianos mereceu: o Premio da Crítica galega, o Premio da Crítica española e o Premio Lousada Diéguez en 1992. A prosa de Ferrín: engaiolante, poética, musical, vigorosa e tradicional, capaz de transportarnos a calquera momento ou universo e facernos parte da historia que pretende contar, sexa cal sexa. Grazas a ese estilo máxico, mergullámonos nas súas tramas coa suficiente ilusión como para deixarnos atrapar por cantas historias se nos ofrecen”, destacan dende a compañía.

Artigos relacionados

Back to top button