BoxeoDeportesÚltima hora

Os deportes de contacto volven a Valdeorras cunha nova edición do MFC

A velada, íntegra de MMA ademais dunha Superfight de Grappling, celebrarase o 12 de abril no Barco

 

En plena primavera volverán a Valdeorras os deportes de contacto, cunha nova edición MFC da man de Mamba Figth en colaboración co Club Kickboxing Valdeorras.

O sábado 12 de abril celebrarase a partir das 20 horas no pavillón vello do Barco o MFC 044, que nesta ocasión será íntegro de MMA (Artes Marciais Mixtas): oito combates amateur e un combate profesional; ademais dunha Superfight de Grappling, tal como adiantan dende a organización, explicando que dous equipos galegos (Graíño Team A Coruña e Graíño Team O Barco) terán enfronte a tres equipos asturianos (Fight Club Xixón, MMA Asturias e Bandog Xixón.

 

Felipe Morales.

 

Por parte do equipo do Barco, adestrados polos irmáns Pardo, Juan e Luis, nas instalacións do Centro Deportivo Valsport, Rubén Fernández disputará un Superfight de Grappling, -70 kilos; e en MMA amateur, pelexarán Alejandro Menéndez (-63 kilos), Marcos Xavier ‘Brasi’ (-77 kilos) e Felipe Morales (-70 kilos).

 

Andi Canosa.

 

O prato forte da velada será o combate profesional en -68 kilos entre Andi Canosa (Graíño Team O Barco) e Warlen Lopes (Portugal). “Andi disputará esa noite o seu segundo combate profesional, despois de vencer por KO na súa estrea en febreiro do ano pasado en Vilamartín de Valdeorras, fronte a un duro e experimentado rival”, asegura o adestrador Juan J. Pardo.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button