CulturaCulturaÚltima hora

Os descubrimentos da escavación en Valencia do Sil, nunha visita guiada

 

Moedas, restos cerámicos de Sigillata, un pico… Son algúns dos materiais arqueolóxicos recuperados na intervención arqueolóxica que dende finais de xuño se está a levar a cabo no xacemento tardorromano do Castelo en Valencia do Sil, co apoio do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Esta tarde, xa na recta final das escavacións, tiña lugar unha visita guiada na que o equipo de Spuntik Labrego, explicaba o sitio e tamén as decubertas dos últimos días. Entre elas, unha canle de auga relacionada coa forxa de época romana que os investigadores sitúan na zona.

 

 

Entre os participantes na visita estaba o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, e tamén o atleta veterano barquense Paco Bao, que anotaba a subida ata o xacemento como a súa proba número 720.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button