EconomíaEconomíaÚltima hora

Os deseños e ilustracións da barquense Sara Núñez, enchen de arte o 13/14

A exposición poderá verse no local de hostalaría barquense ata despois da ponte do Pilar

 

Dende onte e ata pasada a ponte do Pilar, o 13/14 (Paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras) acolle unha mostra de ilustracións e deseños de moda creados por Sara Núñez, que engaden arte ao local de hostalaría.

Aínda que non foi a súa primeira opción, a Sara, barquense de pura cepa, sempre lle chamou a atención a moda e o mundo do deseño así que aproveitando que se lle dá ben o debuxo, decidiuse a estudar en Goymar (Vigo). “Sempre se me deron ben os idiomas, por iso comecei en Traducción e Interpretacón pero non acabou de convencerme e acabei decantándome pola moda, algo que sempre tivera como unha afección”, conta Sara, amante dos desfiles e das revistas de moda, pero sobre todo de debuxar.

 

Sara Núñez con tres dos deseños expostos no 13/14.

 

Nos estudos de moda, tocou un pouco todos os temas (escaparatismo, patronaxe, confección e ilustración), sendo este último apartado o que máis lle chama a atención e o que amosa estes días no seu lugar de traballo. “Sempre que teño un ratiño póñome a debuxar porque me relaxa pero a moda un mundo no que tes que ter moitos contactos, polo que resulta difícil facerse un oco”, di, recoñecendo que aínda que ver un deseño seu rematado é espectacular, o tema da confección teno un pouco máis de lado “porque se necesita moito tempo e medios”, sendo a ilustración o que máis lle gusta e non quere deixar. “Para debuxar só necesitas lapis, papel, que se che dé ben e ser un pouco creativo”, aínda que no seu caso ten que estar convencida do resultado. “Son moi esixente e se algo non me gusta, rompo e volvo a empezar”.

Sara recoñece que para vestir é moi tradicional e tira moito de básicos, “a negra é a miña cor favorita porque convina con todo, e gústame ir ben vestida pero ante todo cómoda”, di, pero cando se pon a crear a cousa cambia e xa busca máis espectacularidade, “que chame a atención non só polas cores senón polas formas”, conta.

No 13/14, Sara presenta unha compilación de deseños elaborados ao longo destes últimos anos, algúns incluso traballos escolares entre os que está o de final de carreira, inspirado no cadro El Jardín de las Delicias de Bosco.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button