CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os dous centros educativos de Viana recibirán ordenadores para os alumnos en situación de vulnerabilidade

A Xunta e Endesa asinan un convenio de colaboración do que se beneficiarán 18 centros de toda Galicia

Fachada principal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O secretario xeral de Educación e FP da Xunta, José Luis Mira, asinou hoxe na Coruña un convenio de colaboración co responsable de Relacións Institucionais de Endesa, José Antonio Menéndez, polo que Endesa doará 120 equipos informáticos a estudantes galegos en situación de vulnerabilidade.

Trátase dunha acción incluída dentro do Plan de Responsabilidade Pública que a compañía está a aplicar con motivo da pandemia do coronavirus e que, ademais dos equipos informáticos, inclúe tarxetas de conexión a internet co fin de facilitar o acceso á teleformación a alumnos en situación de vulnerabilidade.

O acordo asinado establece ademais os 27 centros docentes cuxos alumnos se beneficiarán desta actuación. Concretamente, se trata de 18 colexios de Ferrol, cinco das Pontes, un da Capela, outro de Monfero e os dous de Viana do Bolo (CEIP Bibei e IES Carlos Casares).

 

Artigos relacionados

Back to top button