Entroido 2021Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes celebran un Entroido medioambiental no Parque do Barbaña (Ourense)

 

Nin sequera no tempo de Entroido descansan os Ecovixiantes de Franciscanas no seu empeño por protexer e manter limpos os espazos naturais da cidade de Ourense.

Así, na xornada deste mércores 10 de febreiro, o grupo celebraba o seu particular Carnaval medioambiental no Parque do Barbaña. Disfrazados e acompañados por Cristina e Gonzalo, os rapaces limpaban as beiras do río, crecido tralas últimas chuvias. Tamén recollían cabichas e colocaban unha docena de cinceiros, algo que fan en cada unha das saídas. Todo un exemplo de constancia e sostibilidade que levan a cabo coa colaboración de Ecourense, o Programa Stars España, Recíclate con Sogama e Stop Basuraleza.

 

Un ecovixiante colocando un cinceiro.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button