A través do PNUMA, a ONU ten declarado o 14 de outubro como Día das Aves Migratorias, unha data que os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraban uns días antes, xunto ás Amigas das Cegoñas, observando e clasificando as aves e paxaros nos Campus Universitarios de Ourense.
“Mediante un xogo de pistas e fichas, o alumnado Ecovixiante divertiuse identificando unha decena de especies, nunha tarde demasiado calurosa”, explica o profesor Gonzalo, Lalo, Sánchez.
El mesmo destaca que antes, os Ecovixiantes desenvolvían unha nova campaña auspiciada por Amigos da Terra, “para limpar o mundo, recollendo miles de cabichas nun Campus que parecía estar un pouco abandonado”.
Fotos cedidas.