Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense pechan o Curso Académico 2023/2024. Gonzalo Sánchez destaca os logros obtido en forma de premios: Aproema do Círculo de Empresarios de Galicia; Premio Pilabot de Recollida de Pilas Usadas; Premio Provincial de Ourense de Voz Natura; Premio Xeración Ecovidrio;… “aínda que en realidade o gran premio é o coidado do Planeta, a casa común”, di.
Como colofón a este gran ano, remataban coa aula da Natureza e o Programa de Concilia, nunha recollida de cabichas. E para finalizar, a alma máter ddos Ecovixiantes atópase xa na Mariña lucense onde non pensa deixar unha cabicha en praias e paseos, dentro da “Campa o mar en aquí”. Tamén retira pellets que seguen chegando ás praias.
Fotos cedidas.