OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas limpan o parque de Camiño Caneiro de Ourense

 

Do 7 ao 19 de decembro celebrarase en Montreal (Canadá), a COP15 do Convenio da Diversidade Biolóxica, a CBD. Nesta COP, debaterase un novo marco mundial da biodiversidade, que substituta ao actual (o coñecido como as “Metas de Aichi”).

“Isto é de vital importancia, pois do acordo dependerán as medidas de conservación e restauración da natureza para a próxima década. Unha década na que necesitamos acción urxente para evitar a sexta extinción masiva de especies… e onde a industria está a presionar para que este acordo careza de ambición, e non respecte nin as advertencias científicas nin os dereitos humanos”, di o profesor Gonzalo Sánchez, á fronte dos Ecovixiantes de Franciscanas, que esta semana recollían lixo no parque de Camiño Caneiro de Ourense. “Un parque céntrico que non se pode gozar, no que hai árbores caídas, sen retirar desde hai semanas,…”, apunta Lalo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button