Ourense

Os Ecovixiantes de Franciscanas pechan o curso cunha intensa semana de actividades

O exercicio 2020/2021 remataba este mércores 9 de xuño coa campaña nacional "1m2 pola Basuraleza"

 

Con moita actividade nesta semana pechan o curso os Ecovixiantes de Franciscanas en Ourense. Un ritmo frenético de limpeza e concienciación medioambiental que mantiveron ao longo de todo o ano escolar.

O pasado luns 7 de xuño, acompañados pola profesora Inma Soto e a ornitóloga Laura Iglesias, naturalista pertencente á SGHN e do Colectivo SOS Vencejos, os Ecovixiantes celebraban o Día Mundial do Cirrio, cunha interesante charla sobre a importancia da conservación desta especie e as súas peculiaridades. A práctica chegaba despois. “Con prismáticos, desde a terraza do colexio, os rapaces avistaron o voo de varios exemplares”, explican dende o centro.

 

Charla sobre o cirrio.

 

Ese mesmo día, a Brigada Ambiental clasificaba unha gran cantidade de tapóns chegados ao colexio, que máis tarde eran embotellados. “Os nenos saben darlle valor a este residuo tan pequeno, pero á vez tan valioso: Tapóns para unha Vida”, aseguran dende o colexio.

Con todo, o exercicio 2020/2021 remataba oficialmente este mércores 9 de xuño coa campaña nacional “1m2 pola Basuraleza” de Ecoembes, SeoBirdLife e Proxecto Libera. O tramo a limpar foi o  Regueiro de Ousende, no barrio ourensán de Vistahermosa. Alí, os mozos recolleron unha boa cantidade de bolardos, neumáticos, tuberías, caixas, latas e botellas.

Como broche á xornada, os aventureros Ecovixiantes practicaron miniescalada no Parque das Letras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button