Con diversas actividades celebraban a festa de Fin de Ano os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense.
O Colexio Divina Pastora MM Franciscanas é centro de recollida de tapóns solidarios na cidade e esta semana clasificaron 125 kg que o profesor Gonzalo Sánchez levou a Verín.
Por outro lado, a profesora Cristina Bravo dirixiu a actividade de bookcrossing, liberando libros que se colocaron na caseta do Centro Comercial Ponche Vella. “Agradecemos a Sogama a cesión de exemplares de Os Bolechas que ensinan á cidadanía os hábitos saudables da reciclaxe”, aseguran dende Ecovixiantes.
Ademais, este ano Gonzalo, Lalo, foi o mestre de cerimonias da festa de Fin de Ano, ben merecida, deste alumnado tan solidario e participativo. Turrón e doces do Nadal amenizaron un intre de diversión. Levaron agasallos, gorros e bufandas personalizados pola creatividade da coñecida scrapera de Verín, Chiqui.
Para terminar a xornada, depositaron na illa de eeciclaxe do colexio todos os envases lixeiros xerados, dentro do Plan Proxecta Recíclate con Sogama, desexando a todo o mundo “un ano 2022 cheo de saúde e de boas accións ambientais”.
Ecovixiante do mes