OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense reciben o Premio Aproema Medio Ambiente do Círculo de Empresarios de Galicia

 

Na xornada deste xoves 3 de xuño reuníanse presencial e telemáticamente no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, destacadas entidades públicas, privadas, centros educativos e empresas para enaltecer a Economía Circular e o día do Medio Ambiente que se celebra mañá. No evento expuxéronse as conclusións do proxecto Apoema Conecta, presentouse con alusión ao Día do Medio Ambiente 202, un exemplo de restauración de ecosistemas en Galicia e culmino coa entrega dos Premios Medio Ambiente na súa V Edición.

 

O profesor Lalo Sánchez co premio de Ecovixiantes.

 

O proxecto promovido por APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia), busca fortalecer o negocio no ámbito da Economía Circular e favorecer o relanzamento das empresas do sector con visión innovadora e actualizada e nesta edición, o proxecto “3 rs Diariamente” recibiu O Premio Aproema Medio Ambiente. Centro Académico Secundaria. A ininciativa foi desenvolvida polos  Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, con Gonzalo Sánchez Busons, como Coordinador Ambiental do colexio Divina Pastora Franciscanas, quen recibía o premio de mans de Bruno de Chairo Gómez-Ulla de ECOEMBES.

 

Asistentes á gala en Vigo.

 

O propio Lalo asegura “Ecovixiantes alzouse cun merecido galardón pola tenacidade e a continuidade das súas innumerables accións pola cidade de Ourense”, apuntando que “este recoñecemento serve de  impulso a novas e innumerables accións no futuro, ademais de constatar o agarimo e a alata estima que a este simpático grupo de Ecovigilantes demóstrasenos en todas partes, nun acto de entrega onde se atopaban todos os grandes da protección da nosa contorna”.

 

 

Labores de limpeza e xogos

E como cada semana os Ecovixiantes realizaron labores de limpeza e tamén xogar na parte de atrás da rúa Barros Sibelo (Pista Vermella) de Ourense. Alí, profesores (Cristina e Gonzalo) e alumnos xogaron  ás canicas e ao brilé. Pola súa banda a brigada ambiental limpou unha zona moi afectada polo botellón (Plan Proxecta Apuntámonos a non beber) e por unha mocidade insana que fuma moito (Plan Proxecta Clases sen Fume). “Aportamos ao patio destes grandes edificios un servizo semanal onde se conxuga o servizo a esta comunidade de veciños cos hábitos saudables do Programa Stars España”, puntualiza o profesor Bousóns.

Ao final recolleron 15 cabichómetros cheos de cabichas; bolsas cunha chea de latas e envases lixeiros; lixo de todo tipo tirado entre a vexetación. E tras este arduo traballo chegou o momento lúdico, con xogos tradicionais onde Ecovigilantes apuntan boas maneiras, e onde Recicladores de Sogama venceron por un apertado 3 a 2 a Residuos. En brilé o Sporting Sogama impúxose ao Atlético Pilabot, pero atendendo ás normas Covid, xogouse co pé, e iso aumenta a dificultade.

A vindeira semana irán ata o barrio de Vistahermosa para limpar o regato de Ousende na recollida Nacional 1 m2 Pola Basuraleza de Ecoembes e o Proxecto Libera.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button