OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense seguen contribuíndo á “Reciclaxe, Redución e Reutilización” de plásticos

A

 

Cando se fala de respectar o medio ambiente, contribuír a manter limpo os espazos naturais e reducir a cantidade de lixo xerada, non hai descanso. Por iso os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continúan ao 100% coas súas campañas.

Con respecto á recollida de Tapóns Solidarios, veñen de entregar unhas corenta garrafas de cinco e oito litros cos tapóns pequenos (máis varias bolsas de tapóns de maior tamaño) levados ao colexio para clasificalos. Posteriormente, o profesor Gonzalo Sánchez é o encargado de levalos en coche ata o seu destino, Albarellos de Monterrey.

 

Dous e covixiantes coas cabichas recollidas.

 

Por outra banda, o grupo de voluntarios continúa coas campañas de “Reciclaxe, Redución e Reutilización” (a regla das 3R) de plásticos. Así, por segunda semana consecutiva acudiron á zona da Alemeda e da praza Obispo Cesáreo, en Ourense, para participar na campaña Únete al reto promovida pola Consellería de Medio Ambiente e impulsada en colaboración con Ecoembes para “fomentar a reciclaxe de envases lixeiros”. Trátase da segunda edición desta iniciativa, que ten como obxectivo “conseguir e incentivar aos concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe as aportacións feitas ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) durante o mismo período do ano anterior”.

No caso dos Ecovixiantes, acompañados polos seus profesores Cristina e Gonzalo, aportaron todos os envases lixeiros que se foron acumulando no colexio nos últimos días. E todo, sen deixar de lado a recollida de cabichas nos cinceiros reciclados previamente colocados.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button