A RúaConcellosGalerías de fotosO BarcoVilamartín

Os efectos da borrasca Celia chegan a Valdeorras en forma de calima

 

Envolta nun manto de néboa cun lixeiro ton alaranxado amencía Valdeorras na mañá deste martes 15 de marzo. Trátase de calima, o polvo en suspensión procedente do Sáhara que chegaba á comarca por un corredor de vento de compoñente sur, debido á posición da borrasca Celia no mar de Alborán e o anticiclón ubicado nas Azores.

Aínda que noutras partes de España a concentración de partículas de area é tal que poden resultar perxudiciais para a saúde, no norte non hai ningún tipo de alerta activada e o aire non resulta perigoso.

 

 

Este fenómeno que afectará á comarca na xornada de hoxe e previsiblemente tamén mañá, pode verse nesta galería de imaxes con calima na Rúa, Vilamartín e O Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button