ConcellosÚltima hora

Os emigrantes retornados de Valdeorras seguen manifestándose

Un dos momentos da concentración.
Un dos momentos da concentración.

O forte vento e a chuvia non impedían que os emigrantes retornados de Valdeorras se concentrasen na mañá do 5 de outubro diante da delegación de Facenda no Barco para “esixir que se faga xuntiza” con este colectivo.

Ademais anuncian que teñen previsto participar na manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 15 de outubro. O percorrido comezará ás 11:30h na Praza do Obradoiro e rematará na Rúa do Hórreo diante do Parlamento de Galego.

Asemade o luns 9 de novembro os emigrantes retornados de Valdeorras volverán concentrarse diante de Facenda no Barco ás 11h. para, “un mes máis, esixir xustiza”, aseguran.

Os emigrantes retornados de Valdeorras volverán a concentrarse o luns 9 de novembro.
Os emigrantes retornados de Valdeorras volverán a concentrarse o luns 9 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button