Tres partidos nunha mesma xornada. Ao longo do sábado 2 de setembro, tres dos equipos que o C.D. Rúa terá en competición este ano (benxamín, alevín, infantil, xuvenil e sénior) disputaban partidos amigables para preparar a tempada que comezará a vindeira fin de semena.
Pola mañá era o equipo xuvenil, que este ano levará o xogador do primeiro equipo, Carlos, quen se enfrontaba ao Calasancio, perdendo pola mínima (0-1).
E xa pola tarde disputábanse dous partidos. Ás catro comezaban a xogar os infantís do C.D. Rúa (ás ordes de Luis Ferrer) e do Monforte, nun intenso partido que acababan gañando os locais por 2 goles a 1. O último partido era o disputado entre o equipo sénior do Rúa que compite en segunda autonómica e o Pabellón xuvenil de Ourense da liga nacional. Os de Javi Ferrer perdían 1-5, a unha semana do comezo da liga no campo do C.D. Coles.
Fotos: Mónica G. Bellver