CD BarcoCD RúaDeportesEn portadaFútbolÚltima horaVídeos

Os equipos de fútbol de Valdeorras xogan por unha boa causa

Os alimentos recadados no triangular CD Barco-CD Rúa-CD Córgomo Vilamartín serán para Cáritas O Barco

 

Na tarde deste xoves 4 de xaneiro o deporte e a solidariedade mandan no campo de fútbol municipal de Calabagueiros.

Dende as 19 horas estase disputando un triangular benéfico con entrada de balde a cambio de alimentos non perecedoiros para Cáritas O Barco, no que participan os tres equipos sénior de fútbol da comarca de Valdeorras: CD Barco, CD Rúa e CD Córgomo Vilamartín.

 

 

Os primeiros en xogar (partidos de 45 minutos de duración cada un) eran o CD Barco e o CD Córgomo resolvéndose o encontro co 2-0 favorable para os vermellos. O segundo, aínda en xogo, enfronta ao CD Barco co CD Rúa quedando o CD Córgomo-CD Rúa para o final.

Fotos (excepto a última que é cedida) e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button