En torno ás once desta mañá, os escolares dos seis centros do Barco de Valdeorras (Colexio Divina Pastora, CEIP Otero Pedrayo de Viloira, IES Lauro Olmo e Martaguisela, CEIP Julio Gurriarán e CEIP Condesa de Fenosa) saían dos seus respectivos colexios, percorrendo o centro da vila nunha marcha pola paz en Ucraína que rematará na praza do Concello. Alí lerán un manifesto e colgarán as pancartas previamente elaboradas dende as diferentes aulas, con algún tipo de motivo en relación á paz en Ucraína.
Esta iniciativa nace dos propios centros escolares co fin de “reivindicar o dereito dos pobos a vivir en paz e liberdade, a resolución pacífica dos conflitos e a solidariedade da comunidade educativa barquense con todas as xentes que teñen a desgraza de vivir e sufrir unha guerra e, en particular, co pobo ucraíno”, tal como aseguran dende a organización.
Neste vídeo pode verse aos rapaces percorrendo a rúa Conde Fenosa.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellver/ A.R.