DeportesÚltima hora

Os Esquíos de Trives tamén cancelan a súa concentración mototurística prevista para o mes xullo

Publicidade
Imaxe da anterior edición da concentración Os Esquíos de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa ían quentando motores e prometía un novo éxito de participación, pero finalmente a XVII edición da Concentración Mototurística Os Esquíos, prevista para a fin de semana do 10 ao 12 de xullo, non se vai poder celebrar.

Dende a páxina de Facebook o Moto Club Os Esquíos de Trives anunciaban que, moi ao noso pesar e tras unha longa deliberación, decidían cancelar a concentración seguindo a estela de outros moto clubs e concentracións. “Esperemos vernos o vindeiro ano con toda esa enerxía contida que nos deixamos este ano a causa do Covid-19”, aseguran.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button