
A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebrará a súa undécima “Noite Branca” o venres 14 de xuño. Nela a trintena de establecementos participantes, que se decorarán de xeito especial para a ocasión e ofrecerán degustacións de balde, ampliarán o seu horario de apertura ata as 23.00 horas como é habitual, e ofrecerán descontos en produtos de tempada.
Ademais haberá un premio de 150€. Os comercios participantes deberán gardar os tíckets de compra de todo ese día cubertos co nome e número de teléfono do cliente para o sorteo. Tamén haberá espectáculo musical de rúa polas principais zonas de lecer coa Batucada Bate no Kobre. Os establecementos participantes recibirán cartelería promocional da campaña.
Establecementos participantes nesta edición: Ana de la Puente, A tenda da Rita, Ana óptica, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can Can, D ́Chus, Eneska, Foot on Mars, Garoba, Laraña, Librería Murciego, Mercería Carmiña, Miranda X, Moda Anímate, Montglam, Modas Toño, N37, O Bambán dos Sorrisos, Pili Confecciones, Pizpireta, Rocinante Blanco, Trios 2.0, Zapatería Moral, Zapatería Palpié.