
Dentro do programa ::: MICE en liña ::: poderá verse en aberto nos vindeiros días o documental Os Fillos da Vide, da directora ruesa Ana Domínguez que recibiu o premio a mellor película galega da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego – MICE 2018. O filme conta o ciclo da vida a través do cultivo da vide en Valdeorras.
“Queremos felicitar por esta iniciativa ao equipo do festival polo esforzo realizado. Para nos é unha honra compartir o noso traballo nestes momentos tan difíciles e achegar un granito de area para levalo un pouco mellor”, sinala a directora valdeorresa.
O filme pode verse en
https://vimeo.com/400046534
http://mice.museodopobo.gal/archivos/133