CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os Gin Toni’s fan parada no Bravo Lux (A Rúa) dentro da súa xira 2022

A banda de versións dará un concerto esta fin de semana, na madrugada do sábado ao domingo

Gin Toni’s en concerto./ Foto: Musicsoft.

 

A banda de versións Gin Toni’ s, realizará unha parada na Rúa dentro da súa xira 2022. Será este sábado 12 de marzo no Bravo Lux (A Rúa), un local que segue apostando pola programación de música en directo. A entrada custará 5 euros con consumición de refresco ou cervexa e permitirase o acceso ata completar aforo. O comezo da actuación está programado para a 00:30 h., na madrugada do sábado ao domingo.

Gin Toni’ s é unha banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público. Este sábado na Rúa, farano viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do pop-rock español, desde os 80 ata a actualidade de bandas como Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último da Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total,…

Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportará aos asistentes ás décadas douradas da música española, poñendo ritmo e cor á noite do sábado que rematará cunha sesión a cargo de Dani Arguello (DJ Simago) de Economato DJs.

 

A banda de versións interactuando co público. /Foto: Musicsoft.

Artigos relacionados

Back to top button