A RúaConcellosÚltima hora

Os inchábeis acuáticos, unha das propostas das festas da Rúa para o público infantil

 

Dende onte e ata o luns 7 de agosto A Rúa vivirá as súas festas de verán con moita música, deporte e actividades para o público infantil.

Especialmente pensados para os máis pequenos son os inchábeis instalados no vaso mediado das piscinas municipais, onde os cativos desfrutan ao tempo que fan fronte á calor. Están abertos de 12 a 20 horas ata o luns e o mércores día 9 de agosto trasladaranse ata a área recreativa do Aguillón. Ese día o parque de inchábeis estará aberto de seis a nove da tarde e o xoves día 10 de mañá de 11 a 13:30 e de tarde novamente de seis a nove.

Tamén para os nenos foi o espectáculo itinerante “A danza dos paxaros” celebrado na mañá deste venres e a programación continuara mañá, sábado día 5, na praza Galicia, cun espectáculo de contacontos con música en movemento previsto a partir das 12:30 horas.

A maxia para toda a familia chegará o domingo día 6 co espectáculo “Maxia do verán a cargo do mago Xacobe, de novo ás 12:30 horas, na praza Galicia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button